E ti, que queres ser de maior?

  O pasado martes, 12 de marzo, dentro das actividades do 8M, todo o alumnado de Infantil e Primaria asistiu á representación, no noso centro, da obra de teatro "E ti, que queres ser de maior?". Representada por Trémola teatro, o alumnado gozou dunha obra sobre a superación e a loita para facer realidade os soños de tres mulleres ispiradoras: Maria Montessori, Simone de Beauvoir e Frida Kahlo. Grazas por esta oportunidade!







Obradoiro Radio na Biblio.

  O pasado mércores, 28 de febreiro, o alumnado de 4º de Primaria gozou do obradoiro de Radio na biblio impartido por Damián, de Ponte nas Ondas. Foi unha xornada moi interesante na que aprenderon a elaborar os seus propios guións, un pouco de edición e a traballar coa mesa de son. Un ano máis, e xa van uns cantos, quedamos encantados coa profesionalidade e bo facer de Damián, moitas grazas por todo!










As mulleres do bosque.

  Traémosvos hoxe outra das actividades que se levaron a cabo con motivo do 8M. En este ano do Bosque, decidimos investigar sobre mulleres pioneiras no campo do descubrimento, conservación e coidado da natureza, así como pintoras e ilustradoras que reflectiron a mesma nas súas obras. Así pois, temos naturalistas, investigadoras, enxeñeiras agrónomas, biólogas... e con todas elas decidimos facer unha exposición no taboleiro do corredor do comedor para que todo o alumnado e o profesorado puidese gozar dela. Estades convidad@s a descubrila!

Beatrix Potter


Georgia O´Keeffe




Maria Sibylla Merian


Rebeca Atencia


Wangari Maathai




Jane Goodall


María Tarsy Carballas




Marianne North



Dian Fossey




















8M en Infantil

 O alumnado de Infantil, coa axuda das súas mestras, estivo a traballar, con motivo do 8M, as mulleres da súa vida. Falaron sobre as mulleres que os rodean, tanto na casa coma no colexio, crearon a Árbore das mulleres, lazos con pasta de sal e tostadas decoradas co símbolo da muller. Parabéns por tanto traballo!














8M

 O día 8 de marzo é o Día Internacional da Muller. No noso centro foron varias as actividades que se levaron a cabo para conmemorar esta data tan significativa. Debido a varios factores, a celebración comezou o día 7, no patio cuberto.

 O Equipo de Igualdade do centro estivo a preparar un manifesto e unha canción, coa axuda do mestre de música, que presentaron ante todo o alumnado e profesorado despois de repartir panos de cor morada e de formar un 8 M no patio. Foi unha xornada inesquecible, moitas grazas a todos e a todas os que o fixeron posible, parabéns por todo ese traballo!





 Deixámosvos tamén a letra, por si vos animades a cantala!
 Adaptación da canción "Quédate" de Bzrp e Quevedo, leva por título "Érguete":

 Inqueda chego a casa,
coas chaves nos cotenos,
tremen as miñas mans,
teño medo do incerto.

Xa vou tarde pra´mani,
aló agárdanme as comadres,
berrando libremente,
deixando a censura a parte.

Na primeira fila
coas miñas amigas,
uin pano violeta
percorre a miña pel.
Coa cabeza sempre ergueita
xa sen medo a caer
sempre xuntas e sororas
pra a batalla vencer. (x2)

Érguete
que esta lita inda segue en pé.
Pensa en todos os días que levas sufrido,
é tempo de abrirlles un novo camiño (x3)

 Ao rematar as actividades no patio, os panos sobrantes foron colocados no muro exterior do centro para chamar a atención sobre esta data. 







Exposición Aves de Galicia

  Durante o mes de febreiro, e neste ano d´O bosque, contamos no noso centro coa exposición Aves de Galicia. Esta exposición, composta por dez paneis informativos, foi cedida polo CEIDA (Centro de Extenxión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e estivo colocada no corredor do comedor e na porta da biblioteca. Foron varios os cursos que pasaron para visitar a exposición e moitos alumnos e alumnas que se paraban a vela nos recreos. Moitas grazas ao CEIDA por esta oportunidade.