3 propostas para maio


Deixámosvos por aquí tres propostas para o mes de maio que mañá comenza. Por si algunha vos interesa...

En primeiro lugar, a exposición de origami que estará aberta durante todo o mes no Colexio de Fonseca.


Por outra banda, xa están á venda as entradas para ver no cine a primeira ópera rock feita en Galicia.


E por último, non podía faltar a cita anual na Alameda; a Feira do Libro Antigo e de Ocasión inaugurarase o vindeiro 14 de maio. Por alí nos veremos se queredes...


Harper Lee


Tal día como hoxe pero de 1926 nacía a escritora estadounidense Harper Lee, autora da maxistral novela, gañadora do Premio Pulitzer, Matar a un ruiseñor (To kill a nightingale). Todo un clásico de imprescindible lectura e un alegato contra o racismo.



Video. 'Malos tempos para os fantasmas', de Agustín Fernández Paz


Este video que traemos hoxe é, como xa ben di o título desta entrada, unha homenaxe a Agustín Fernández Paz desde o Club de lectura Lectour@s.

No segundo trimestre os dous clubes de lectura leron obras deste autor: Malos tempos para os fantasmas en 1º e 2º e A neve interminable en 3º e 4º. O booktrailer de Malos tempos para os fantasmas, é por tanto o primeiro destas homenaxes; virá un segundo video ben pronto.

Agustín Fernández Paz, autor galego falecido o ano pasado, gústavos moito según nos decides. Proba delo é a grande variedade e cantidade de libros e historias que del temos na biblioteca á vosa disposición: As flores radioactivas, O centro do labirinto, Aire negro, Avenida do paque, 17 ou A neve interminable entre outros.

Pasádevos pola biblioteca que alí de seguro atoparedes algún título dos seus que vos atraia. Seguro, seguro!


¡Esperámosvos!



Día do libro. Cuncas literarias e marcapáxinas solidarios


Vamos con outras dúas actividades do Día do libro: as cuncas literarias e a decoración dos marcapáxinas solidarios da ONG Save the Children. Moitas grazas, por certo, pola vosa colaboración; xa vos teremos ao tanto nuns días do diñeiro recaudado, E as cuncas literarias, ao estilo Sargadelos- en honor a Isaac Díaz Pardo a quen lle adicamos, como sabedes, este ano- levaban citas sobre os libros e a lectura escritas por todo o alumnado (agás o de Infantil, que fixo preciosos debuxos) e foron repartidas por os mozos e mozas de de 5º e 6º de Primaria polas rúas e establecementos do pobo xunto cuns puntos de libro conmemorativos da xornada. Pero mellor que o vexades todo en algunhas imaxes...