As emocións de Nacho


Comenzamos hoxe esta sección adicada a recomendacións para as familias, para todas e todos vós, cun libro sobre as emocións. Se sodes nai ou pai dun raparigo/a de 3 ou máis anos, este primer libro das historias de Nacho, Las emociones de Nacho, pode ser unha boa lectura para compartir con elas e eles.

Nacho experimenta moitas emocións: rabia, medo, tristura ou ledicia. No libro descríbense as sensacións físicas para cada emoción e pregúntaselle á personiña miúda que emoción lle produce cada unha das cousas debuxadas; logo cóntase a historia de Nacho con viñetas tipo cómic e remata o libro cunha sinxela actividade. 

É un libro moi bonito e vistoso para as nosas pequenos e pequenos lectores. Se o queredes ler en familia, á vosa disposición está na biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario