'The Big Challenge Prizes' here at last


Hoxe tivemos en ESO a entrega dos premios de 'The Big Challenge', un concurso de coñecementos do inglés e da cultura anglosaxona no que o alumnado da ESO participa por iniciativa do Departamento de Inglés.

Noraboa a todas e todos pola vosa participación pero particularmente parabéns a Cristina Pereiras de 1º ESO, Iván López de 2º, Sergio Louzao de 3º e Yandira Elena López de 4º ESO; foron os de máis alta puntuación nos seus respectivos grupos e acadaron moi bos postos a nivel provincial. Parabéns tamén a Xián Barreiro, que foi o afortunado no sorteo que se fixo entre todo o alumnado do centro que mellorou os seus resultados no concurso en relación ao ano anterior.

Felicidades! Congratulations! E a continuar mellorando. Let's continue improving. Recordade que o próximo curso teremos... outro gran reto. Remember that next year there will be... another 'big challenge'!


  
 


  



Ningún comentario:

Publicar un comentario