Mochilas viaxeiras en marcha!


As mochilas viaxeiras comenzaron hoxe a súa ruta polas casas do noso alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. Cheíñas van de libros variados en temática e xénero para que cada familia poda ler, gozar, SENTIR as lecturas durante toda unha semana. E tras o longo percorrido das mochilas agardamos con ilusión as vosas imaxes, comentarios e aportacións que queirades facernos nas libretas que se inclúen. 


Comenza a viaxe!!
Boas lecturas!! 






Ningún comentario:

Publicar un comentario