SONIA PÉREZ NA NOSA BIBLIO


Estivo esta mañán na biblioteca Sonia Pérez de la Fuente, autora galega que vive agora en Canarias. Estivo contando dous dos seus contos, 'Mi amiga Teresa' e 'El mundo de Gory' ao alumnado de Infantil e dos tres primeiros cursos de Primaria. Que ben o pasaron todas e todos coas historias da xoaniña e da pataquiña Gory... Moitas grazas, Sonia, pola túa amabilidade e por achegarte ata o noso colexio!! E grazas tamén á profe Mª José, que o fixo posible. 






















 






 



SENTINDO O 8 DE MARZO. LENDO EN FEMININO

Este é o ví­deo LENDO EN FEMININO, que presentaron Bárbara e Uxía na Presentación deste mércores, con algunas das nosas recomendacións para o 8 de marzo.

Todos os libros están á vosa disposición na biblioteca.



AS PRESENTACIÓNS DOS MÉRCORES (2)


Encheuse a biblioteca no recreo para ver a presentación de hoxe. As nosas mestras de cerimonias nesta ocasión, Bárbara e Uxí­a, adiantáronnos algo da celebración do Dí­a da Poesí­a- según dixeron haberá POEMAS POR UN TUBO...-, tamén lembraron o 8 de marzo, e deron a entrada ao ví­deo LENDO EN FEMININO coa selección de libros para esta data que xa se achega. 


Boa chea de aplausos recibiron... 


Moitas grazas e noraboa, mozas!! Moi bo traballo!!!






NOVA VISITA NA BIBLIOTECA

Rematamos o mes con moitas actividades. Esta semana, por exemplo, ademais da 'Presentación do mércores', contaremos cunha escritora. A autora Sonia Pérez de la Fuente estará na biblioteca o vindeiro mércores 28 co alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria.



CLUB DE LECTURA DE 1º ESO. SENTINDO E DESCUBRINDO 'PALABRAS DE CARAMELO'


O luns o club de Lectura de 1º ESO coñeceu e descubriu dunha maneira especial a nova lectura. E é que foron necesarios varios sentidos para dar co tí­tulo. Grazas ao tacto, á resolución do xeroglí­fico e á mí­mica deron coa resposta: 'Palabras de caramelo', a fermosa historia de Kori e o seu camelo.

Mirade que ben o pasaron... 










AS PRESENTACIÓNS DOS MÉRCORES (1)


 Hoxe dúas das nosas voluntarias, Carla e Andrea de 6º de Primaria, fixeron o honor de inaugurar as 'Presentacións dos mércores'.


Desde esta semana o último mércores de cada mes os voluntarios e voluntarias farán na biblioteca presentacións de novidades, contarán as novas da biblio, anunciarán celebracións, poñerán booktrailers,... 

Hoxe Andrea e Carla, como dicimos, amosaron os dous novos libros sobre Rosalía de Castro ('Uxí­a pequeniña' e 'Rosalí­a de Castro. Mulleres bravas da nosa historia'), recordaron o prazo de entrega dos Pasaportes Lectores para poder gañar algúns dos premios, lembraron a contrasinal de mañán...


Que como o fixeron? Ben non, fixérono... de maravilla!!! Moitas grazas, mozas, e os nosos parabéns!!






A FRASE DA SEMANA (7)


E a frase desta semana é, por suposto, de Rosalía de Castro.

LEMBRANDO A ROSALÍA




'Adiós rí­os, adiós fontes 
adiós, regatos pequenos; 
adiós, vista do meus ollos
non sei cando nos veremos'.

Lembrando a Rosalía... 

Hoxe celebramos no colexio, como sabedes, o Día de Rosalí­a. A contrasinal para entrar na biblioteca era o comenzo dun dos seus máis célebres poemas. Mirad que ben o sabían e recitaban... Bravo por elas e eles!!






E ademais...







Journée Gastronomique "COMENDO COS SENTIDOS"


Deixámosvos aquí­ unha invitación do alumnado de francés da ESO. Di así­:
"Os alumnos e alumnas da E.S.O. imos facer unha festa degustación de postres franceses. Estades toda e todos invitados á Journée Gastronomique "COMENDO COS SENTIDOS". Terá lugar o XOVES DíA 8 ás 13:35 na aula de audiovisuais do colexio. Agradecemos a colaboración das familias. Bon appétit!!"
 
Non volo perdades!!