Día do Teatro

Mañán, 27 de marzo, celébrase, como ben sabedes, o Día do Teatro. E nós na Biblioteca levamos xa todo o mes de celebración.
 
Decoramos o escenario...




... fixemos un mini teatro de marionetas, do que deron boa conta os nosos alumnos e alumnas contando historietas...




  



... e, como non podía faltar, fixemos unha escolma de lecturas recomendables para esta data e unha selección de frases e citas célebres de algunhas obras teatrais...








 


A 'El gran teatro del mundo', que dicía Pedro Calderón de la Barca, podémoslle nós engadir o de... o gran teatro da nosa Biblioteca! ;)


Sorrisos desde a Biblioteca...

Hoxe deixamos por aquí uns sorrisos, algún máis tímido que outros... pero sorrisos o fin e o cabo.
 



 
Sáudos de Lectouriña!
 

O vídeo que faltaba...


Pois iso, que se nos pasara o colgar por aquí o vídeo coas recomendacións do Día da Paz. Nesta entrada e nesta outra puxémosvos algunhas imaxes da celebración na Biblioteca pero non a grabación da pequena exposición. Así que aquí vai, para que vexades ben os libros que seleccionamos para a ocasión e que podedes atopar a vosa disposición na Biblioteca. Ide a por papel e lápiz e a anotar títulos, que os hai ben interesantes...  
 
 
 
Sáudos de Lectouriña!

Lendo, escoitando e xogando con Rosalía...


Durante a semana adicada a Rosalía foron varios os xogos propostos na Biblioteca. Mentras unhas compoñían os puzles coas imaxes de Rosalía, outros recompoñían os seus poemas ao tempo que os escoitaban na voz de Uxía, outros e outras preferían recortar as rosas, Rosas para Rosalía... Unha bonita semana de e con Rosalía!!











 
 
Sáudos de Lectouriña!
 

Día da Poesía. Este ano... Rosalía

 
Benvida a Poesía!! Pois sí, o 21 de marzo é o Día da Poesía pero nós adiantámonos para poder agasallar no seu aniversario a unha das grandes poetisas galegas. Mirade a decoración... Gústavos?
 



 
Sáudos de Lectouriña! 

Rematado 'O misterio das badaladas' e...

 
Nesta primeira semana de marzo rematamos no Club de lectura 'O misterio das badaladas'. Misterio, por tanto, desvelado. Xa pronto teremos que mergullarnos na próxima lectura... E entre os rapaces e rapazas do Club e o resto de alumnado adicto á Biblioteca así de concurrida vai estando...
 





Sáudos de Lectouriña! 
 

Mes do Amor


 
En febreiro tocou celebrar o Mes do Amor, así con maiúsculas. Celebramos con Lectouriña, a nosa mascota, o amor aos amigos e ás amigas, á familia, á natureza e aos animais e, por suposto, o amor aos libros e á lectura. Enchéuse a biblioteca de corazóns multicolores con poemas, cancións, breves textos de algunas lecturas, citas célebres... e moitos lectores e lectoras.








AMOR-AMOUR-LOVE



 
Sáudos de Lectouriña!