'Diario de Nikki'. Seguimos co photocall...



O libro 'Diario de Nikki' segue aumentando os seu club de fans. Estas son outras das moitas lectoras e lectores que se animan a lelo. E ben que lles gusta, nos din.

A seguir lendo, mozas!
Saúdos de Lectouriña!

Novas da biblioteca

Nesta sección de "Novas da biblioteca" iremos contando as novidades de todo tipo que vaian xurdindo por aquí, pola biblio. Esta semana, por exemplo, temos dúas.


A primeira son as cestiñas con escolla de libros variados , que irán cambiando, que están en cada mesa das tres seccións da biblioteca- Infantil, Primaria e Secundaria- para facilitar a lectura rápida sen perder tempo na busca. Aquí as tendes...





A segunda é o nove expositor cos libros de Gerónimo Stilton. Luce ben o noso heroe na súa avioneta, non é?




E a terceira segunda é a árbore que nos medrou na biblioteca; as súas follas non fan a fotosíntese senon que se "alimentan" coas suxestións e peticións dos nosos alumnos e alumnas. Velaí está... Gústavos? 


E por hoxe nada máis. Deica logo...

Saúdos de Lectouriña!
 

O paseo de hoxe pola biblioteca


Hoxe, día 22 de novembro, toca ver o que pasa no recreo na biblioteca. Vexamos... 

Hai lectores de gustos muy semellantes, como vedes na imaxe de arriba (que terán esas "zapatillas rojas"...), e hai entusiastas dos puzles,




outros facendo consultas nos ordenadores, porque os ordenadores son para eso, para facer traballos e as consultas que se precisan, 




algúns aproveitando os últimos momentos de estudo e repaso antes do exame,... 




e os voluntarios axudando coma sempre... 


e tamén, por suposto, as dúas alumnas que hoxe deron montado, e moi rapidiño, o "ovo de Colón" , xogo nada doado, non creades...

Alicia

Marta

Foi un bo día na biblioteca. E Lectouriña está ben contenta de vervos por aquí e sentirse acompañada...  

Saúdos!

Club de lectura Lectour@s. Comenzamos 'Engurras', de Paco Roca


Hoxe no Club de lectura de 3º e 4º da ESO tivemos a presentación da novela gráfica que nos vai ocupar nas próximas xuntanzas, e tivemos tamén reparto de libretiñas, dos carnés do Club para este curso... e algún que outro doce. 

Queredes saber cal será a nosa lectura, si? Pois será 'Engurras', de Paco Roca. Xa vos contaremos... Aquí tendes o noso selfie ao final da sesión, con dúas ausencias: unha alumna que non puido vir e outra que se escondeu, non sei como, para non saír. Na próxima xa as veredes. Ata daquela...


Lectour@s. Comenzamos no Club con 1º e 2º ESO... e con Esmeraldina.


Comenzamos!

Si, este mércores 9 de novembro, tras a especial inauguración do luns, deu comenzo a andadura lectora do Club de lectura Lectour@s de 1º e 2º da ESO. Veu cheo este inicio de doces, risas... e a máis que agradable sorpresa da nova lectura: 'Esmeraldina, a pequena defunta', de Ledicia Costas.

Co que vos gustou 'Escarlatina, a cociñeira defunta', esta Esmeraldina e a súa historia promete horas de divertida e engaiolante lectura. Xa iremos falando, parécevos?

Por agora deixámosvos as imaxes desta primeria sesión...







Os cincoenta magníficos!

6º de Primaria
Entre unha cousa e outra esquecérasenos presentarvos aos nosos voluntarios e voluntarias deste curso, verdade? Se son un elemento fundamental... Pois vamos poñerlle remedio a esto xa!

Aquí están os cincoenta magníficos de 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO que contribúen día a día a manter a orde e axudar aos usuarios da biblioteca nos recreos. 

Ben orgullosos que estamos deles e delas! 

E ben agradecidos que lles estamos tamén! Grazas!!

1º de ESO

2º de ESO

3º de ESO

4º de ESO


Saúdos de Lectouriña!

Inauguración do Club de lectura 2016/2017 co gañador da X edición do Premio Narrativa Breve Repsol


O luns 7 tivemos a inauguración oficial do Club de lectura Lectour@s para este curso, pero non foi como outros anos; nesta ocasión foi unha inauguración moi moi especial. 

Daniel Asorey- o profesor de galego e gañador da X edición do Premio Narrativa Breve Repsol- estivo con nós contestando amablemente as preguntas que lle ían/íades facendo os membros do Club. Falamos de moitas cousas con el, verdade? Falamos sobre os seus libros favoritos, as súas rutinas como escritor, a literatura xuvenil actual, sobre o Premio obtido e, por suposto, sobre o seu libro: a orixe, os personaxes, a temática,... Unha charla amena e distendida grazas o voso bo facer como xornalistas e a Daniel, por supusto, polas suás amables, sinceras e enriquecedoras respostas. Xa nos tarda, a decir verdade, o poder contar co seu libro na biblioteca.

Deixámosvos algunhas imaxes do día...













'Diario de Nikki'. Photocall.


Os alumnos e alumnas que van lendo unha das nosas novidades, Diario de Nikki, de Rachel Renée Russell , pasan ao rematar o libro polo photocall. E o máis importante, ademáis da foto, e que lles gusta moito a novela. Así que a vindeira semana estará o número 2 xa na nosa biblioteca. Por agora- virán máis seguro- aquí tendes as dúas nosas primeiras lectoras do libro. Coñecédelas?... 



Saúdos de Lectouriña!
;)