CLUB DE LECTURA DE 3º E 4º ESO. TERCEIRO TRIMESTRE CON HÉCTOR CAJARAVILLE

Hecho con Padlet

CHEGADA DAS BOLSAS E MOCHILAS VIAXEIRAS


Temos aquí as imaxes do alumnado co que remataron a súa longa viaxe as mochilas e as bolsas viaxeiras, e co alumnado voluntario dando fe da chegada. E veñen as bolsas e mochilas cargadas de recordos, de imaxes, de momentos vividos en familia,... na libretiña que acompañou aos libros no seus percorridos.


Benvidas, mochilas e bolsas! Agora tócavos descansar. O ano que ven emprenderedes unha nova viaxe… 


























CLUB DE LECTURA de 1º ESO. ADEUS A 'PALABRAS DE CARAMELO'...


A última sesión de lectura de 'Palabras de Caramelo' e a última do  club de lectura de 1º xa chegou… 

Coñeceron coa lectura a cultura saharaui e nesta derradeira xuntanza recuperaron tamén a nosa lanzando fermosas e rápidas buxainas para lembrar a Caramelo.
 
Emotiva despedida!!











 










MOSTRA DE 'O PRINCIPIÑO' NA BIBLIOTECA



Acompañando ao departamento de Francés, que ven de organizar unha preciosa exposición en torno a 'O Principiño', preparamos na biblioteca una pequeña mostra que aquí podedes ver co libro pop-up, O Principiño en banda deseñada, edicións en francés, galego, castelán, e inglés,...  

O alumnado e as profes de Infantil foron quen fixeron o bonitiño debuxo do tenro e universal personaxe. 















SENTIDO DA AMIZADE. 75 ANIVERSARIO DE 'O PRINCIPIÑO'


As alumnas e alumnos de Francés, coa súa profesora, coincidindo co Ano dos Sentidos no colexio e o 75 aniversario de 'O Principiño' fixeron unha preciosa homenaxe a este personaxe e o que representa: a amizade, a tenrura, a sensibilidade, a empatía, o amor. 

Debuxos e pinturas, marcapáxinas, escolla de frases do libro en varios idiomas, portadas de edicións publicadas en diferentes partes do mundo... Un maravilloso traballo!! Noraboa!!

Aquí deixamos algunhas imaxes da exposición, das e dos artífices desta marabilla e do traballo previo...